Densidade dun sólido

Guión Guía docente

Sobre esta práctica: Densidade dun sólido

Práctica de laboratorio: pesa unha mostra descoñecida, mide o seu volume nunha probeta, calcula a súa densidade e identifica o material. Nivel guiado e nivel libre.

Práctica de laboratorio simulada na que o alumnado recibe unha mostra descoñecida, pésaa nunha balanza electrónica, mide o seu volume por inmersión nunha probeta, calcula a súa densidade e identifica o material cunha táboa. Non é unha explicación proxectada, senón unha práctica que fai cada alumno ou cada parella: a simulación nunca dá o volume e hai que lelo na escala, e os erros de procedemento teñen as mesmas consecuencias que no laboratorio. En Galicia o seu uso principal é 2.º de ESO, con aplicación en 3.º.

Ideas previas que ayuda a corregir

  • «Un anaco máis grande é máis denso»: A densidade non depende do tamaño da mostra.
  • «O que pesa máis é máis denso», «denso é pesado»: A densidade é a masa de cada cm³, non a masa total.
  • «A auga que sobe é a auga que pesa a mostra»: O que sobe a auga é o volume da mostra, non a súa masa.
  • «Pódese ler a probeta desde calquera sitio»: Lese cos ollos á altura da auga e na parte baixa do menisco.
Cursos
2.º ESO, 3.º ESO
Materia
Física, Química
Tema
A materia e os seus estados
Uso
De balde, sen rexistro nin instalación. No navegador do ordenador, a tableta ou o móbil.

Guía docente da práctica Guión do alumnado Abrila soa nunha lapela

Autor: Juan Ramón Grijota, profesor de Física e Química. Licenza CC BY-SA 4.0.