Pila, interruptor e lámpadas ou resistencias: mide tensión e intensidade, comproba a lei de Ohm e compara os receptores en serie e en paralelo.
A simulación de circuítos eléctricos monta circuítos de corrente continua cunha pila, un interruptor e lámpadas ou resistencias, e mostra en cada receptor a súa tensión, a súa intensidade e a súa potencia, cos electróns movéndose polos cables. Ten tres modos: lei de Ohm cun receptor e aparellos de medida, receptores en serie e receptores en paralelo. En Galicia o seu uso principal é en 3.º de ESO, onde o currículo sitúa os circuítos eléctricos, con uso puntual en 2.º e 4.º de ESO.
Esta simulación ten unha ficha de actividades asociada para o alumnado: predí, observa e explica, con ligazóns que abren a simulación xa preparada. Descárgase en Word, LibreOffice ou PDF.
Guía docente Ficha de actividades Abrila soa nunha lapela
Autor: Juan Ramón Grijota, profesor de Física e Química. Licenza CC BY-SA 4.0.