O átomo a escala

Ficha de actividades Guía docente

Sobre esta simulación: O átomo a escala

Viaxe de zoom ×10 desde o átomo completo ata o seu núcleo: fai tanxible o pequeno que é o núcleo fronte ao tamaño real do átomo.

A simulación viaxa en saltos de ×10 desde o átomo ata o seu núcleo, cos tamaños reais de oito elementos. En Galicia o seu uso principal é en 3.º de ESO, con aplicación en 4.º de ESO e uso puntual en Bacharelato.

Ideas previas que ayuda a corregir

  • «O núcleo ocupa boa parte do átomo, como nos debuxos do libro»: O átomo é entre 14.699 e 48.643 veces maior ca o seu núcleo.
  • «O átomo é unha boliña maciza»: Case todo o átomo é espazo baleiro entre o núcleo e os electróns.
  • «Entre o núcleo e os electróns hai aire»: O aire está formado por moléculas, que á súa vez son átomos; dentro do átomo hai baleiro.
  • «Cunha lupa ou un microscopio que aumente un pouco xa se ve o núcleo»: Fan falta uns catro ordes de magnitude de aumento sobre o átomo.

Esta simulación ten unha ficha de actividades asociada para o alumnado: predí, observa e explica, con ligazóns que abren a simulación xa preparada. Descárgase en Word, LibreOffice ou PDF.

Cursos
2.º ESO, 3.º ESO, 4.º ESO
Materia
Física, Química
Tema
O átomo
Uso
De balde, sen rexistro nin instalación. No navegador do ordenador, a tableta ou o móbil.

Guía docente Ficha de actividades Abrila soa nunha lapela

Autor: Juan Ramón Grijota, profesor de Física e Química. Licenza CC BY-SA 4.0.