Quenta e arrefría unha substancia vendo as súas partículas e a curva de quecemento, e descobre co diagrama de fases por que a auga ferve a uns 72 °C no Everest.
A simulación quenta ou arrefría unha substancia e mostra á vez o recipiente, as súas partículas e a curva temperatura–tempo, cun segundo modo para o diagrama de fases da auga, do CO₂ e do iodo. En Galicia o seu uso principal é en 2.º de ESO, onde o currículo sitúa a teoría cinético-molecular e os cambios de estado, e en 3.º de ESO para a enerxía dos cambios. O diagrama de fases é un recurso para 4.º de ESO.
Esta simulación ten unha ficha de actividades asociada para o alumnado: predí, observa e explica, con ligazóns que abren a simulación xa preparada. Descárgase en Word, LibreOffice ou PDF.
Guía docente Ficha de actividades Abrila soa nunha lapela
Autor: Juan Ramón Grijota, profesor de Física e Química. Licenza CC BY-SA 4.0.