Experimento de dispersión de Rutherford fronte ao modelo de Thomson: como unha observación obrigou a reescribir o modelo do átomo.
A simulación reproduce o experimento de dispersión de partículas α de Geiger e Marsden e compara as predicións de Thomson e Rutherford. En Galicia o seu uso principal é en 3.º de ESO, con aplicacións en 4.º de ESO e en 2.º de Bacharelato Física.
Ideas previas que ayuda a corregir
«O átomo é unha boliña maciza, chea de materia»: O átomo é case todo espazo baleiro, cun núcleo moi pequeno.
«A partícula α rebota porque choca co núcleo, como unha bóla de billar»: A repulsión eléctrica actúa a distancia e curva a traxectoria antes de chegar.
«As α desvíanse ao chocar cos electróns»: Os electróns teñen moi pouca masa e case non desvían a α.
«Se se cambia de modelo é porque o anterior era unha parvada»: Un modelo substitúese cando un experimento contradí a súa predición.
Esta simulación ten unha ficha de actividades asociada para o alumnado: predí, observa e explica, con ligazóns que abren a simulación xa preparada. Descárgase en Word, LibreOffice ou PDF.
Cursos
2.º ESO, 3.º ESO, 4.º ESO, 2.º Bach.
Materia
Física, Química
Tema
O átomo
Uso
De balde, sen rexistro nin instalación. No navegador do ordenador, a tableta ou o móbil.