Cinética dos gases

Ficha de actividades Guía docente

Sobre esta simulación: Cinética dos gases

Modelo de partículas que relaciona presión, temperatura e volume segundo a teoría cinético-molecular: comproba as leis de Boyle e de Gay-Lussac.

A simulación de gases mostra partículas que chocan coas paredes dun globo elástico ou dun recipiente ríxido e traduce eses choques en presión e volume. En Galicia o seu uso principal é en 4.º de ESO, onde o currículo sitúa os gases, e en 2.º de ESO para presentar a teoría cinético-molecular. Serve tamén de repaso cualitativo en 1.º de Bacharelato.

Ideas previas que ayuda a corregir

  • «Entre as partículas do gas hai aire»: Entre as partículas hai baleiro.
  • «Ao quentar un gas, as súas partículas fanse máis grandes»: As partículas non cambian; móvense máis rápido e chocan máis.
  • «Ao comprimir un gas, as partículas encóllense»: Redúcese o espazo entre elas, non o seu tamaño.
  • «O gas empurra só cara abaixo, polo seu peso»: A presión débese a choques en todas as direccións.

Esta simulación ten unha ficha de actividades asociada para o alumnado: predí, observa e explica, con ligazóns que abren a simulación xa preparada. Descárgase en Word, LibreOffice ou PDF.

Cursos
2.º ESO, 3.º ESO, 4.º ESO
Materia
Física
Tema
A materia e os seus estados
Uso
De balde, sen rexistro nin instalación. No navegador do ordenador, a tableta ou o móbil.

Guía docente Ficha de actividades Abrila soa nunha lapela

Autor: Juan Ramón Grijota, profesor de Física e Química. Licenza CC BY-SA 4.0.