Modelo de partículas que relaciona presión, temperatura e volume segundo a teoría cinético-molecular: comproba as leis de Boyle e de Gay-Lussac.
A simulación de gases mostra partículas que chocan coas paredes dun globo elástico ou dun recipiente ríxido e traduce eses choques en presión e volume. En Galicia o seu uso principal é en 4.º de ESO, onde o currículo sitúa os gases, e en 2.º de ESO para presentar a teoría cinético-molecular. Serve tamén de repaso cualitativo en 1.º de Bacharelato.
Esta simulación ten unha ficha de actividades asociada para o alumnado: predí, observa e explica, con ligazóns que abren a simulación xa preparada. Descárgase en Word, LibreOffice ou PDF.
Guía docente Ficha de actividades Abrila soa nunha lapela
Autor: Juan Ramón Grijota, profesor de Física e Química. Licenza CC BY-SA 4.0.