Práctica de laboratorio: encerra aire nunha xiringa, cambia o seu volume co émbolo, le a presión no manómetro e comproba que P · V é constante. Nivel guiado e nivel libre.
Práctica de laboratorio simulada na que o alumnado pecha aire nunha xeringa cunha chave de tres vías, cambia o seu volume co émbolo, le a presión nun manómetro de agulla e comproba que, a temperatura constante, o produto P · V non cambia. Non é unha explicación proxectada, senón unha práctica que fai cada alumno ou cada parella: a simulación nunca dá a presión nin o volume e hai que lelos nas escalas, e os erros de procedemento teñen as mesmas consecuencias que no laboratorio. En Galicia o seu uso principal é 4.º de ESO, con aplicación en 1.º de Bacharelato.
Guía docente da práctica Guión do alumnado Abrila soa nunha lapela
Autor: Juan Ramón Grijota, profesor de Física e Química. Licenza CC BY-SA 4.0.