Visualización e interacción cos espectros de emisión e absorción de diferentes elementos químicos e as súas transicións electrónicas.
A simulación mostra que un átomo só absorbe e emite fotóns de enerxías concretas, ao recibir luz ou choques de electróns, e constrúe o seu espectro. En Galicia o seu uso principal é en 1.º de Bacharelato, con aplicacións en 4.º de ESO e en 2.º de Bacharelato Química.
Esta simulación ten unha ficha de actividades asociada para o alumnado: predí, observa e explica, con ligazóns que abren a simulación xa preparada. Descárgase en Word, LibreOffice ou PDF.
Guía docente Ficha de actividades Abrila soa nunha lapela
Autor: Juan Ramón Grijota, profesor de Física e Química. Licenza CC BY-SA 4.0.