Ondas

Ficha de actividades Guía docente

Sobre esta simulación: Ondas

Corda e resorte: distingue ondas transversais e lonxitudinais, mide amplitude, lonxitude de onda e período, e comproba que a onda leva enerxía, non materia.

A simulación de ondas mostra como un foco fai vibrar unha corda ou un resorte e como a perturbación avanza polo medio. Distingue as ondas transversais das lonxitudinais, mide no propio debuxo a amplitude e a lonxitude de onda, e relaciona período, frecuencia e velocidade de propagación. Unha partícula marcada deixa ver que a onda transporta enerxía, pero non materia. En Galicia o seu uso principal é en 4.º de ESO; coa caixa «Bacharelato» serve tamén para o movemento ondulatorio de Física de 2.º de Bacharelato.

Ideas previas que ayuda a corregir

  • «As partículas viaxan coa onda»: Cada partícula oscila arredor da súa posición; viaxa a perturbación e a enerxía.
  • «Se movo o foco máis rápido, a onda vai máis rápido»: A velocidade depende do medio; a frecuencia cambia a lonxitude de onda.
  • «Unha onda máis alta vai máis rápido ou é máis longa»: A amplitude non cambia v nin λ; cambia a enerxía.
  • «A velocidade da onda e a das partículas son a mesma»: Son distintas: v = λ f; a vibración ten velocidade máxima A ω.

Esta simulación ten unha ficha de actividades asociada para o alumnado: predí, observa e explica, con ligazóns que abren a simulación xa preparada. Descárgase en Word, LibreOffice ou PDF.

Cursos
4.º ESO, 2.º Bach.
Materia
Física
Tema
Ondas e luz
Uso
De balde, sen rexistro nin instalación. No navegador do ordenador, a tableta ou o móbil.

Guía docente Ficha de actividades Abrila soa nunha lapela

Autor: Juan Ramón Grijota, profesor de Física e Química. Licenza CC BY-SA 4.0.