Circuítos eléctricos

Ficha de actividades Guía docente

Sobre esta simulación: Circuítos eléctricos

Pila, interruptor e lámpadas ou resistencias: mide tensión e intensidade, comproba a lei de Ohm e compara os receptores en serie e en paralelo.

A simulación de circuítos eléctricos monta circuítos de corrente continua cunha pila, un interruptor e lámpadas ou resistencias, e mostra en cada receptor a súa tensión, a súa intensidade e a súa potencia, cos electróns movéndose polos cables. Ten tres modos: lei de Ohm cun receptor e aparellos de medida, receptores en serie e receptores en paralelo. En Galicia o seu uso principal é en 3.º de ESO, onde o currículo sitúa os circuítos eléctricos, con uso puntual en 2.º e 4.º de ESO.

Ideas previas que ayuda a corregir

  • «A corrente gástase nas lámpadas: á última chega menos»: En serie a intensidade é a mesma en todos os puntos do circuíto; o que se transforma é a enerxía.
  • «Os electróns saen da pila e tardan en chegar á lámpada»: Os electróns xa están en todos os cables; a pila ponos en movemento a todos á vez.
  • «A pila dá sempre a mesma intensidade»: A pila mantén a tensión; a intensidade depende da resistencia do circuíto.
  • «Con máis lámpadas, máis resistencia»: En serie a resistencia equivalente aumenta; en paralelo diminúe.

Esta simulación ten unha ficha de actividades asociada para o alumnado: predí, observa e explica, con ligazóns que abren a simulación xa preparada. Descárgase en Word, LibreOffice ou PDF.

Cursos
2.º ESO, 3.º ESO
Materia
Física
Tema
Enerxía e electricidade
Uso
De balde, sen rexistro nin instalación. No navegador do ordenador, a tableta ou o móbil.

Guía docente Ficha de actividades Abrila soa nunha lapela

Autor: Juan Ramón Grijota, profesor de Física e Química. Licenza CC BY-SA 4.0.