Gráficas do movemento

Ficha de actividades Guía docente

Sobre esta simulación: Gráficas do movemento

Un coche ou unha persoa nunha pista recta e as súas gráficas x‑t, v‑t e a‑t en directo: MRU e MRUA, 10 retos para reproducir gráficas e un modo para movelo coa man.

A simulación Gráficas do movemento pon un móbil (un coche ou unha persoa) nunha pista recta e debuxa, ao mesmo tempo que se move, as súas gráficas posición–tempo (x‑t), velocidade–tempo (v‑t) e aceleración–tempo (a‑t). Serve para aprender a ler e construír gráficas do movemento rectilíneo uniforme (MRU) e uniformemente acelerado (MRUA): que significa a pendente, que significa a área e que indica o signo. Ten tres modos: explorar con exemplos da vida diaria, resolver 10 retos que piden reproducir unha gráfica e mover o móbil coa man para ver a gráfica do propio movemento. O seu uso principal é en 2.º de ESO (gráficas do MRU, posición, desprazamento e velocidade) e en 4.º de ESO (MRU e MRUA).

Ideas previas que ayuda a corregir

  • «A gráfica é o camiño que segue o móbil»: A gráfica di como cambia unha magnitude co tempo; o móbil sempre vai en liña recta.
  • «Se a gráfica x‑t baixa, o móbil baixa unha costa ou frea»: Se a x‑t baixa, o móbil móvese cara ao sentido negativo.
  • «Velocidade negativa significa que frea»: O signo de v dá o sentido; frea cando v e a teñen signos contrarios.
  • «Aceleración negativa significa frear»: Con v negativa, unha a negativa fai que vaia cada vez máis axiña.

Esta simulación ten unha ficha de actividades asociada para o alumnado: predí, observa e explica, con ligazóns que abren a simulación xa preparada. Descárgase en Word, LibreOffice ou PDF.

Cursos
2.º ESO, 3.º ESO, 4.º ESO
Materia
Física
Tema
Movemento
Uso
De balde, sen rexistro nin instalación. No navegador do ordenador, a tableta ou o móbil.

Guía docente Ficha de actividades Abrila soa nunha lapela

Autor: Juan Ramón Grijota, profesor de Física e Química. Licenza CC BY-SA 4.0.