Caída Libre e Tiro Parabólico

Ficha de actividades Guía docente

Sobre esta simulación: Caída Libre e Tiro Parabólico

Caída libre, tiro vertical e parabólico con estela e vectores: comproba que sen aire todo cae igual e que os dous movementos do tiro son independentes.

A simulación de caída libre e tiro parabólico lanza un obxecto preto do chan e deixa unha estela de puntos a intervalos iguais de tempo, cos vectores velocidade e aceleración en cada instante. Amosa que a caída libre, o tiro vertical, o tiro horizontal e o tiro oblicuo son o mesmo movemento, coa aceleración da gravidade sempre cara abaixo, e que só cambian a altura e a velocidade coas que comezan. Un botón quita ou pon o aire para ver por que unha pluma e unha bóla de aceiro caen distinto na aula e á vez na Lúa. En Galicia o seu uso principal é en 4.º de ESO e en 1.º de Bacharelato.

Ideas previas que ayuda a corregir

  • «Os obxectos pesados caen máis rápido»: Sen aire, todos caen coa mesma aceleración g; o que os separa é o rozamento co aire.
  • «No punto máis alto a aceleración é cero, porque o obxecto está parado»: A aceleración é g cara abaixo en todo o voo, tamén arriba; o que se anula é a velocidade vertical.
  • «Mentres sobe, a forza do lanzamento empúrrao cara arriba»: Unha vez soltado, a única forza (sen aire) é o peso; sobe porque leva velocidade, e frea porque a aceleración vai en contra.
  • «No tiro parabólico, no punto máis alto a velocidade é cero»: Só se anula vᵧ; vₓ segue igual.

Esta simulación ten unha ficha de actividades asociada para o alumnado: predí, observa e explica, con ligazóns que abren a simulación xa preparada. Descárgase en Word, LibreOffice ou PDF.

Cursos
4.º ESO, 1.º Bach.
Materia
Física
Tema
Movemento
Uso
De balde, sen rexistro nin instalación. No navegador do ordenador, a tableta ou o móbil.

Guía docente Ficha de actividades Abrila soa nunha lapela

Autor: Juan Ramón Grijota, profesor de Física e Química. Licenza CC BY-SA 4.0.