Axuste de Reaccións

Ficha de actividades Guía docente

Sobre esta simulación: Axuste de Reaccións

Axusta ecuacións vendo como se reordenan os átomos, comproba cunha balanza as leis de Lavoisier e Proust, e descobre o reactivo limitante e o rendemento.

A simulación representa as reaccións químicas con átomos e moléculas: permite axustar ecuacións vendo como se reordenan os átomos, comprobar cunha balanza as leis de Lavoisier e de Proust, e atopar o reactivo limitante e o rendemento. En Galicia o seu uso principal é en 3.º e 4.º de ESO, con aplicacións en 1.º de Bacharelato.

Ideas previas que ayuda a corregir

  • «Para axustar pódense cambiar os subíndices»: Cambiar un subíndice cambia a substancia; só se cambian os coeficientes.
  • «Nunha reacción pérdese masa (ao queimar algo, pesa menos)»: A masa total consérvase porque se conservan os átomos.
  • «Se a ecuación está axustada, hai as mesmas moléculas en cada lado»: Consérvanse os átomos, non as moléculas.
  • «Os coeficientes indican a proporción en masa»: Indican a proporción en partículas ou en moles.

Esta simulación ten unha ficha de actividades asociada para o alumnado: predí, observa e explica, con ligazóns que abren a simulación xa preparada. Descárgase en Word, LibreOffice ou PDF.

Cursos
3.º ESO, 4.º ESO, 1.º Bach.
Materia
Química
Tema
Enlaces e reaccións
Uso
De balde, sen rexistro nin instalación. No navegador do ordenador, a tableta ou o móbil.

Guía docente Ficha de actividades Abrila soa nunha lapela

Autor: Juan Ramón Grijota, profesor de Física e Química. Licenza CC BY-SA 4.0.