Axusta ecuacións vendo como se reordenan os átomos, comproba cunha balanza as leis de Lavoisier e Proust, e descobre o reactivo limitante e o rendemento.
A simulación representa as reaccións químicas con átomos e moléculas: permite axustar ecuacións vendo como se reordenan os átomos, comprobar cunha balanza as leis de Lavoisier e de Proust, e atopar o reactivo limitante e o rendemento. En Galicia o seu uso principal é en 3.º e 4.º de ESO, con aplicacións en 1.º de Bacharelato.
Esta simulación ten unha ficha de actividades asociada para o alumnado: predí, observa e explica, con ligazóns que abren a simulación xa preparada. Descárgase en Word, LibreOffice ou PDF.
Guía docente Ficha de actividades Abrila soa nunha lapela
Autor: Juan Ramón Grijota, profesor de Física e Química. Licenza CC BY-SA 4.0.