Órbitas e gravitación

Ficha de actividades Guía docente

Sobre esta simulación: Órbitas e gravitación

Mecánica orbital coa bala de canón de Newton, o Sistema Solar, as leis de Kepler e as estrelas binarias nunha mesma simulación.

A simulación reúne catro escenarios de mecánica orbital: a bala de canón de Newton, o Sistema Solar, as leis de Kepler e as estrelas binarias. En Galicia o seu uso principal é en 2.º de Bacharelato Física, con aplicacións en 1.º de Bacharelato e en 2.º e 4.º de ESO.

Ideas previas que ayuda a corregir

  • «En órbita non hai gravidade»: O satélite está en caída libre continua; a 2017 km de altura g aínda vale uns 5,7 m/s².
  • «Para seguir en órbita fai falta unha forza cara adiante»: Só actúa a gravidade, dirixida ao centro; a velocidade tanxente mantense por inercia.
  • «Se se lanza máis rápido, cae máis lonxe pero sempre acaba caendo»: Por riba dun limiar a bala orbita, e con enerxía positiva escapa.
  • «As órbitas dos planetas son elipses moi alongadas»: Case todas son case circulares; a da Terra ten e ≈ 0,017.

Esta simulación ten unha ficha de actividades asociada para o alumnado: predí, observa e explica, con ligazóns que abren a simulación xa preparada. Descárgase en Word, LibreOffice ou PDF.

Cursos
3.º ESO, 4.º ESO, 1.º Bach., 2.º Bach.
Materia
Física
Tema
Forzas e gravitación
Uso
De balde, sen rexistro nin instalación. No navegador do ordenador, a tableta ou o móbil.

Guía docente Ficha de actividades Abrila soa nunha lapela

Autor: Juan Ramón Grijota, profesor de Física e Química. Licenza CC BY-SA 4.0.